FM 107.1 Sada, A Coruña · 43.5802 N, -8.2509 O · Emisión continua 24 h
Radio Sada Alta fidelidad
Escuchar
DEPORTES local · 29/10/2026 · 15:52

X CARREIRA NOCTURNA DE SADA

X CARREIRA NOCTURNA DE SADA O Concello de Sada e o Club Atletismo Sada, organizan a X Carreira Nocturna de Sada, unha das citas deportivas máis…

29/10/2026 · 15:52 Redacción RADIO SADA

🔶X CARREIRA NOCTURNA DE SADA🔶

O Concello de Sada e o Club Atletismo Sada, organizan a X Carreira Nocturna de Sada, unha das citas deportivas máis especiais do calendario municipal, que este ano volverá encher as rúas da vila de ambiente deportivo, festivo e solidario.

A carreira terá lugar na contorna de As Brañas o venres 18 de decembro e contará con dúas probas diferenciadas. Ás 19:00 horas celebrarase a carreira destinada ás categorías de menores, mentres que ás 21:00 horas terá lugar a proba absoluta, cun percorrido de 5 quilómetros.

Baixo o lema “Ninguén sen Nadal”, a décima edición da Carreira Nocturna reforza o seu carácter solidario. As persoas participantes poderán realizar unha doazón a Cruz Vermella e Cáritas, contribuíndo así a unha campaña social destinada a apoiar as persoas e familias que máis o necesitan durante estas datas.

A iniciativa combina deste xeito deporte, participación cidadá e solidariedade, convertendo a carreira nun punto de encontro para corredores e corredoras de todas as idades e para o conxunto da veciñanza.

O Concello de Sada anima á cidadanía a participar nesta décima edición e a vivir unha noite diferente, na que o deporte servirá tamén para compartir, colaborar e axudar a que ninguén quede atrás durante o Nadal.

ℹ INSCRICIÓNS NA WEB MUNICIPAL SADA.GAL

Comparte