CARTOÓNS
O venres 6 de novembro temos unha cita co humor, a música e a diversión en Sada co espectáculo familiar «Cartóons», de Excéntricas, creado por Víctor…
O venres 6 de novembro temos unha cita co humor, a música e a diversión en Sada co espectáculo familiar «Cartóons», de Excéntricas, creado por Víctor Mosqueira e Josito Porto, que suma máis de 125 funcións e foi finalista nos Premios María Casares.
Unha proposta divertida e didáctica, con estética clown e números musicais, que nos achega valores tan importantes como a reciclaxe, a amizade, a solidariedade e a creatividade.
Un espectáculo para gozar en familia, pensado para todos os públicos a partir de de 3 anos. Agardámoste en Sada!
Venres, 6 de novembro
Ás 18:30 h
Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns
ENTRADA LIBRE
Organiza: Concello de Sada, dentro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.