Publicado: 17/10/2026 · 19:58
RODAXE DUNHA PELÍCULA EN SADA
O concello de Sada informa, do rodaxe ste martes, 20 de outubro, a produtora Bambú Producciones realizará probas de cámara en dous puntos do municipio como parte dos preparativos da súa nova película, Chapapote, que terá en Sada unha das súas localizacións de rodaxe.
Casa da Cultura Pintor Lloréns
As probas desenvolveranse entre as 9.00 e as 17.00 horas, aproximadamente. Para facilitar os traballos, reservarase espazo de estacionamento nas inmediacións da Casa da Cultura. Solicítase a colaboración da veciñanza e recoméndase ter en conta esta circunstancia á hora de aparcar.
Praia de San Pedro, en Veigue
Tamén se realizarán probas de cámara entre as 8.00 e as 12.00 horas, aproximadamente.
Estas probas forman parte dos preparativos das escenas que se rodarán nesta contorna nas próximas semanas, durante as cales poderán producirse cortes puntuais nas vías de acceso á praia, así como restricións para acceder ó areal. Tanto a produtora como o Concello informarán con antelación das datas e das posibles afeccións á circulación, co obxectivo de minimizar as molestias. En todo caso, garantirase o acceso da veciñanza ás súas vivendas.