Publicado: 22/10/2026 · 09:24
TRES CORAIS, UNHA VOZ
XUNTANZA CORAL EN SADA: UNHA MESMA PAIXÓN, TRES CORAIS, UNHA VOZ

A música coral será a protagonista dunha tarde moi especial en Sada!

Sábado, 24 de outubro

Ás 19:30 h

Casa da Cultura de Sada
Tres agrupacións corais subirán ao escenario para compartir o seu talento e a súa paixón pola música:

Coral Alameda de Pontevedra

Coral Polifónica da Gaiteira (A Coruña)

Coral Souto da Igrexa (Sada)
Un encontro para gozar das voces, da harmonía e da riqueza da música coral galega, nunha xornada de convivencia e cultura.

ENTRADA LIBRE
Organiza: Asociación Cultural Coral Souto da Igrexa de Meirás
Colaboran Concello de Sada